Un nadal á nosa maneira

Campaña Un nadal á nosa maneira - Javier Varela | Marketing + numa.
Campaña Un nadal á nosa maneira - Javier Varela | Marketing + numa.
Campaña Un nadal á nosa maneira - Javier Varela | Marketing + numa.

Manifesto por un nadal á nosa maneira

En tempos de luces que brillan demasiado e mensaxes que pasan demasiado rápido, nós preferimos parar.

Mirar arredor.

Sentir o que é noso.

Porque apostamos un nadal que non se mida en pedidos, en bolsas nin en clics.

Preferimos medilo en conversas longas, en cafés, en xuntanzas e en xente que se saúda polo nome.

Para nós, o espírito do nadal non chega en trineo cun pucho vermello: chega coa brétema, co lume e co agarimo da nosa xente.

Este ano, apostamos por un nadal máis humano, máis galego e máis sostible.

Por celebrar con calma, por apoiar o comercio local, por volver ás tradicións que nos fan únicos.

Un nadal no que celebramos o que somos.

Por dicir con orgullo que non precisamos importar ilusión, porque a nosa xa chega soa, dende dentro.

Queremos un nadal con menos présa e máis verdade.

Un nadal á nosa maneira.

BO NADAL E FELIZ 2026

Equipo de numa. + Javier Varela | Marketing